Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno municipal que demande á Xunta a cesión das prazas que xestiona na residencia de maiores

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno municipal que demande á Xunta a cesión das prazas que xestiona na residencia de maiores

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno que demande a Xunta de Galicia a cesión das prazas que xestiona na residencia de maiores, para que o Concello de Arteixo poidan dobrar o número de prazas actuais e poida xestionar a totalidade da residencia

Alternativa dos Veciños, propuxo desde o primeiro momento, que no edificio do Balneario, que xa é de titularidade municipal grazas a unha a doazón da Fundación Amancio Ortega, debíase crear unha residencia de persoas maiores.

Ante a negativa do equipo de goberno en crear unha residencia de persoas maiores no edificio do Balneario e, atendendo a necesidade existente e urxente de contar con prazas en residencias para persoas maiores, Alternativa dos Veciños solicita ao Goberno Municipal que negocie coa Xunta a cesión das prazas que xestiona na residencia de maiores, para que o Concello de Arteixo poidan dobrar o número de prazas actuais e poida xestionar a totalidade da residencia.

“En Arteixo só dispoñemos dunha residencia para persoas maiores con unicamente 64 prazas, a cal tamén foi construída pola Fundación Amancio Ortega e logo cedida á Xunta de Galicia. Destas 64 prazas, só as 32 que son xestionadas polo concello están reservadas para veciños do municipio. As outras 32 restantes son xestionadas pola Xunta de Galicia, nas cales a veciñanza de Arteixo non ten ningunha prioridade” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

O equipo de goberno xa afirmou que se recibían moitas máis solicitudes que prazas dispoñibles. Algo que é moi lóxico, tendo en conta a poboación coa que conta Arteixo e o número de prazas existentes.

“Os nosos maiores están a ter que pasar a última etapa da súa vida lonxe de Arteixo e, en moitas ocasións, mesmo se teñen que trasladar a fóra da provincia ou da comunidade autónoma.

Non se pode presumir de ser un concello cun forte potencial económico e logo deixar abandonados aos nosos maiores. O equipo de goberno debe demostrar que lle interesa a calidade de vida de todos os veciños e veciñas e, debe preocuparse e traballar para que as persoas maiores poidan pasar a última etapa da súa vida nas mellores condicións posibles e no seu municipio, en Arteixo” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!