Alternativa de Arteixo solicita retirar os entullos dunha parcela da avenida de Caión
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal retirar os entullos que deixou nunha parcela a empresa que realizou o saneamento das beirarrúas na Avenida de Caión.
No municipio de Arteixo hai centos de vertedoiros ilegais e desde o departamento de medio ambiente seguen sen facer por evitalos. Todos sabemos que evitar estas vertedoiros ilegais non é unha tarefa fácil, pero desde o departamento de medio ambiente deben coordinar coa Policía Local e intensificar o control e a vixilancia para localizar aos infractores. Tamén se debe aplicar as sancións correspondentes aos infractores e non simplemente quedar nunha amoestación verbal, xa que é imprescindible parar esta mala práctica que é moi perigosa tanto para a saúde humana como para o equilibrio medioambiental.
Desde o Concello débese dar exemplo e non alentar aos infractores a que sigan con este costume. Por iso, solicitamos que se retiren os entullos que deixou nunha parcela da Avenida de Caión a empresa que realizou hai meses o saneamento das beirarrúas na mesma avenida.