Alternativa de Arteixo solicita ao Concello recuperar a atención presencial

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita ao Concello recuperar a atención presencial

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao goberno municipal que os servizos municipais deben recuperar a normalidade na atención á cidadanía, xa que o actual sistema de cita previa está a causar graves problemas aos veciños.

O actual sistema de cita previa, instalado na gran maioría das administracións públicas por mor da pandemia provocada polo Covid-19, está a causar graves problemas á cidadanía á hora de realizar calquera tipo de xestión.

Todos entendemos perfectamente, que coa situación que estamos a atravesar, non se poden permitir grandes aglomeracións de xente nun recinto pechado, pero iso non quere dicir que para realizar calquera xestión, mesmo de carácter urxente, teñamos que esperar varios días ou semanas.

“Non pode ser que un veciño ou veciña que necesita realizar unha xestión urxente teña que chamar cen veces ao concello e, que cando logra que lle collan o teléfono lle dean cita para varios días ou semanas despois. Isto non pode suceder, xa que se están causando graves problemas á cidadanía. Mesmo, hai xente que ten problemas para presentar documentación para participar nun concurso-oposición de emprego. Seguridade e responsabilidade si, pero a administracións deben atender á cidadanía”, apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Isto é coma se vas a urxencias e dinche que che dan cita para varios días despois, son temas nos que non se pode esperar, xa que seguramente despois xa non hai solución. A administración local está para solucionar problemas, non para provocalos”, matiza Noelia Martínez.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!