Alternativa de Arteixo solicita a Patrimonio acceso ao suposto expediente da destrución da represa da Ponte dos Brozos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita a Patrimonio acceso ao suposto expediente da destrución da represa da Ponte dos Brozos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitou a Xefatura Territorial de Patrimonio Cultural o aceso o suposto expediente que permitiu destruír a represa da Ponte Románica dos Brozos.

O pasado mes de febreiro, Alternativa dos Veciños notificou a Patrimonio Cultural da destrución da represa da Ponte Románica dos Brozos e, que se lle informase se Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia concedeu algún permiso para destruír a represa da Ponte dos Brozos.

Na mesma solicitude Alternativa tamén demandaba a Patrimonio Cultural, que se non se concedeu permiso, que procedese a abrir unha investigación e que os responsables pagasen por cometer o delito de atentar contra un monumento público de interese cultural.

“Despois de solicitar información en múltiples ocasións, Patrimonio Cultural segue sen pronunciarse e sen explicarnos o motivo da destrución da represa da Ponte dos Brozos. Parece que Patrimonio só está para solicitar explicacións en certos concellos cando ademais cumpren coas leis, pero logo noutros concellos hai total liberdade e impunidade para atentar contra un monumento histórico de interese cultural”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

Alternativa lembra que a Ponte dos Brozos está recollida e catalogada por Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e tamén nas Normas Subsidiarias vixentes no Concello de Arteixo.

“Solicitamos a Patrimonio Cultural que explique dunha vez que foi o que pasou para que alguén destruíse a represa da Ponte dos Brozos. Unha parte fundamental para a súa conservación no tempo”, matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!