Alternativa de Arteixo reuniuse co delegado de Rede Eléctrica de España

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo reuniuse co delegado de Rede Eléctrica de España

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reuniuse co delegado de Rede Eléctrica de España en Galicia, para tratar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar na parroquia de Oseiro e coñecer a postura da empresa, que é a propietaria do tendido eléctrico de alta tensión que atravesa a urbanización.

“A reunión mantida co delegado de Rede Eléctrica en Galicia, o Sr. Carlos González, foi moi positiva, xa que nos fixo saber que a empresa entende e comparte a necesidade de eliminar este cableado do medio da urbanización. Comunicóusenos que Rede Eléctrica de España mantén a mesma postura e compromiso desde que é a propietaria deste tendido, da cal é coñecedor o actual Goberno Municipal, onde Rede Eléctrica encargaríase de toda a redacción do proxecto, da solicitude dos pertinentes permisos e, tamén e non menos importante, de axilizar o máximo posible todos os tramites necesarios” apunta Noelia Martínez, voceira municipal de Alternativa.

“Queda claro que das tres partes implicadas e necesarias para poder conseguir a eliminación destas liñas de alta tensión que afectan a máis de 500 familias, a única parte que non ten compromiso e non fai as xestións necesarias, é o Concello de Arteixo. Algúns deberían explicar a que se debe este trato tan inxusto, e moito máis inxusto cando falamos da saúde e calidade de vida, cos veciños e veciñas que residen na Urbanización Sol y Mar. Os diferentes gobernos municipais de turno, son os únicos culpables de que as liñas de alta tensión sigan prexudicando gravemente a saúde e o benestar de máis de 1.500 veciños e veciñas de Arteixo” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!