Alternativa de Arteixo reunirase coa xefa do servizo de Explotacións Agrarias parar tratar a situación da granxa de Lañas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo reunirase coa xefa do servizo de Explotacións Agrarias parar tratar a situación da granxa de Lañas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reunirase coa Xefa do Servizo de Explotacións Agrarias parar tratar a situación da granxa porcina que se sitúa no lugar de Arcas na parroquia de Lañas. Alternativa dos Veciños e a veciñanza afectada levan meses loitando para que o propietario da granxa regularice a explotación, xa que teñen os animais nunhas condicións pésimas e tamén incumpren as normativas ambientais e de seguridade.

“O propietario comprometeuse a regularizar as numerosas irregularidades que presenta a explotación, pero o único que fixo ata a data foi reparar o pozo de xurros e reparar un anaco do valo que cerra a balsa de polietileno. A día de hoxe e logo das numerosas denuncias realizadas, seguen vertendo xurros para a balsa aberta de polietileno, o cal provoca un cheiro insoportable e unha praga de insectos, que afectan gravemente á saúde e calidade de vida dos veciños que residen nos arredores da granxa“ apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Sairemos á rúa a demandarlle ás diferentes administracións e organismos competentes, que obriguen ao propietario a regularizar a explotación e a cumprir estritamente coas normativas vixentes” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!