PR

Alternativa de Arteixo reunirase co presidente da Autoridade Portuaria da Coruña

Representantes de Alternativa dos Veciños de Arteixo reuniranse mañá con Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, para tratar a situación que sofren moitos dos areais do municipio de Arteixo como consecuencia da construción do Porto Exterior, que provocou importantes cambio nas correntes mariñas. Alternativa de Arteixo levara varios meses demándolle solucións aos diferentes organismos responsables, xa que preto doutra tempada de verán moitas das praias do municipio atópanse totalmente cubertas por pedras como consecuencia do cambio nas correntes mariñas que provocou a construción do Porto Exterior.

“De antemán queremos agradecer a disposición do presidente da Autoridade Portuaria para poder manter unha reunión e tentar buscar solucións a un problema que afecta gravemente a moitos dos areais do noso municipio. Primeiramente solicitamos unha reunión co Xefe da Demarcación de Costa en Galicia, xa que os areais atópanse en dominio publico de costas e entendemos que ten ser este organismo o que debe velar polos mesmos e realizar as xestións pertinentes para solucionar este problema, pero unha vez máis o Sr. Rafael Eimil demostra que non lle interesa en absoluto o referente ao municipio de Arteixo e desenténdese das súas funcións. Se a isto sumámoslle o deixamento e o pasotismo do Goberno municipal, pois o resultado é a situación actual de abandono na que se atopa Arteixo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Esperamos que a Autoridade Portuaria fágase responsable e contrate os traballos pertinentes para que os areais afectados volvan ser accesibles” matiza Juanfran Martínez.

Novas relacionadas