[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo reunirase con Rede Eléctrica para tratar a eliminación da alta tensión de Sol y Mar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo reunirase o vindeiro luns co delegado de Rede Eléctrica de España en Galicia para tratar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol e Mar en Oseiro. Alternativa dos Veciños segue loitando para conseguir liberar aos veciños de Sol y Mar das radiacións que emiten as liñas de alta tensión que atravesan a urbanización. A próxima semana os representantes de Alternativa en Arteixo manterán unha reunión co delegando de Rede Eléctrica de España en Galicia.
“O que non se pode comprender é que algunhas formación políticas pretendan falar agora de crear mesas de traballo para ver como se podería eliminar este cableado do medio da urbanización, xa que a veciñanza de Sol y Mar leva máis de trinta anos sufrindo os efectos das radiacións na súa saúde e calidade de vida. O que se lle debe esixir ao Goberno Municipal, é que se faga co solo necesario e o poña ao dispor da Xunta para que se poidan executar as obras” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Se pos o solo ao dispor da Xunta e de Rede Eléctrica e non se executan as obras, pois logo poderemos botarlle a culpa a eles, pero a día de hoxe o principal responsable de que o cableado de alta tensión siga no medio da urbanización é o Concello de Arteixo, xa que no seu momento incumpriu a súa parte do convenio ao non facerse co solo necesario e poñelo a disposición para poder executar as obras. A única realidade é que o actual equipo de goberno do mesmo xeito que os antecesores, enganan, abandonan e humillan unha e outra vez a máis de 500 familias que residen en Sol y Mar” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]