Reunión frutífera entre Alternativa de Arteixo e a Asociación de Empresarios de Sabón

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Reunión frutífera entre Alternativa de Arteixo e a Asociación de Empresarios de Sabón

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reuniuse coa Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, para tratar de buscar unha solución ao grave problema de aparcamento dos camións que chegan ao polígono. Alternativa dos Veciños entende que existe un grave problema de aparcamentos para os camións que chegan ao polígono. Ademais, este problema tamén está a afectar á veciñanza do Rañal, xa que os camións aparcan á beira das vivendas e os ruídos que provocan cáusalles problemas a veciñanza para poder descansar. Tamén, cando os camións realizan xiros nesta zona onde non contan con espazo suficiente para manobrar, provocan danos nas vivendas.

É por iso, que a formación solicitou unha reunión coa Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, que se celebrou na mañá do pasado mércores.

“Foi unha reunión frutífera, xa que despois de valorar diferentes opcións e solucións, tanto os representantes de Alternativa como a xerente da Asociación de Empresarios, chegamos á conclusión de que tendo en conta a dificultade existente para situar unha zona de aparcamento para vehículos pesados dentro do polígono, a mellor opción seria buscar unha parcela fóra do polígono e podendo ser o máis próxima posible ao mesmo” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Xa que en todo este tempo o goberno municipal non se preocupou o máis mínimo por buscar unha solución a esta situación, alegrámonos de que polo menos se preocupase en saber o que se tratou na reunión.

Agora o goberno municipal anuncia que instalará un aparcamento específico para camións no polígono de Morás. Parécenos acertado, xa que esta foi unha das opcións que se valorou na reunión. Agora esperamos que poña en marcha canto antes e que sexa unha realidade. Que non suceda o de sempre e quede no esquecemento”, matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!