strommast-4459591_1920

Alternativa de Arteixo reunirase o luns co xefe territorial da Consellería de Economía

Alternativa dos Veciños de Arteixo reunirase o vindeiro luns co xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e industria, para tratar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e para demandar que se arquive o proxecto que pretende a instalación dunha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Morás.

“Esperamos que esta reunión sexa clave para dar comezo a realizar as xestións pertinentes por parte das diferentes administracións e, que se eliminen dunha vez por todas as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar, que tantos danos levan provocado na saúde da veciñanza” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Tamén esperamos que o xefe territorial atenda as nosas explicacións e entenda que o proxecto de instalación dunha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Morás é unha autentica animalada, que fose cal fose o trazado, prexudicaría gravemente ao municipio de Arteixo” matiza Noelia Martínez.

Novas relacionadas