[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo reúnese coa xefa do servizo de Explotacións Agrarias parar tratar a situación da granxa de Lañas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Os responsables de Alternativa dos Veciños de Arteixo, Noelia Martínez e Juan Francisco Martínez, reuníronse coa Xefa do Servizo de Explotacións Agrarias parar tratar a situación da granxa porcina que se sitúa no lugar de Arcas na parroquia de Lañas. “Explicámoslle a situación na que se atopa a granxa e as irregularidades que presenta e fixémoslle saber que o único que fixo o propietario, foi arranxar o pozo de xurros, pero que o demais todo segue no mesmo estado”, explicou Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
A granxa non cumpre coas normativas. A instalación segue tendo unha tubaxe conectada entre o pozo de xurros e balsa aberta de polietileno, que provoca que os gases dos xurros saían ao exterior. Tamén continúa utilizándose a balsa aberta de polietileno a diario para almacenar os xurros.
A Xefa do Servizo de Explotacións Agrarias comprometeuse a estudar a situación e buscar solucións.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]