[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo reúnese co alcalde para solicitar diversas melloras no municipio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Noelia Martínez, voceira municipal de Alternativa, e Juanfran Martínez, coordinador municipal de Alternativa, reuníronse esta mañá co alcalde, Carlos Calvelo, para abordar diversos asuntos de interese para o Concello.
Os representantes de Alternativa volveron solicitarlle ao alcalde que tratase no pleno a eliminación das torres de alta tensión da urbanización Sol y Mar e que se xestionase ante a Xunta o uso de fondos europeos para o seu soterramento. Tamén demandaron a paralización da rede Morás-Monteagudo.
Sobre a gasolineira da Maceira espúxoselle ao alcalde que a obra non se axusta ao proxecto e que está habendo variacións substancias na execución. De non axustarse á legalidade, Alternativa denunciará os feitos ante a xustiza.
En relación á petición de Alternativa de crear unha residencia de persoas maiores no Balneario, e ante as dificultades que presentaría esta actuación, pediuse que o Concello solicitase á Xunta o 100% das prazas do actual centro de persoas maiores.
En canto ás irregularidades no cobro dos recibos da auga, o alcalde recoñeceu os erros. Tamén confirmou a existencia do vertido de augas fecais á ría de Barrañán (denunciado recentemente por Alternativa) e informou da próxima licitación dun colector para acabar con estes problemas.
Outro dos asuntos abordados por Alternativa dos Veciños nesta reunión foi a Fonte do Abade, que sairá a licitación nun prazo de 2 ou 3 meses. O alcalde tamén aceptará a proposta de Alternativa de homenaxear ao veciño Diego Bello.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]