Alternativa de Arteixo recollerá firmas o mércores en Sol y Mar pola eliminación da alta tensión

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo recollerá firmas o mércores en Sol y Mar pola eliminación da alta tensión

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo dirixiuse por carta a todos os veciños e veciñas da urbanización Sol y Mar, en Oseiro, para informalos da realización dunha recollida de firmas para solicitar que o Concello, a Xunta e Rede Eléctrica Española realicen as xestións necesarias para soterrar ou desviar as liñas de alta tensión que pasan pola urbanización, e que executen a actuación con cargo aos fondos europeos que vai recibir a comunidade autónoma con motivo do covid. A recollida de sinaturas realizarase o vindeiro mércores 28 de abril, a partir das 19 horas, na entrada da urbanización.

Xunto coas sinaturas recollidas, Alternativa dos Veciños de Arteixo enviará o informe no que se recollen as medicións das radiacións emitidas polos cables das torres de alta tensión que atravesan as vivendas da urbanización Sol y Mar e un colexio público.

Os fondos europeos entregados a España, que xestiona en parte directamente a Xunta de Galicia, poden e deben ser empregados para abordar o soterramento ou o desvío das liñas, pendente desde hai décadas. Este debería ser un investimento prioritario para eliminar este grave problema, que afecta a máis de 1.200 veciños desta zona de Oseiro, expostos a campos electromagnéticos e radiacións.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!