Alternativa de Arteixo recolle centos de firmas para a eliminación das liñas de Alta Tensión en Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo recolle centos de firmas para a eliminación das liñas de Alta Tensión en Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo recolle en poucas horas centos de firmas para demandar ao concello, á Xunta e a Rede Eléctrica Española a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e o Polideportivo Municipal de Galán.

Os veciños e veciñas da urbanización Sol y Mar en Oseiro, levan corenta anos expostos a campos electromagnéticos e radiacións provocadas polas torres de alta tensión situadas na contorna das súas vivendas e do colexio público.

Alternativa de Arteixo solicitoulle en varias ocasións o Goberno Municipal que se solicite a Conselleira de Industria e a empresa propietaria e explotadora comercial das redes eléctricas, a eliminación das torres e o soterramento do cableado, que a pesar do convenio asinado no ano 2013 polo Concello, a Xunta de Galicia e a Empresa, a día de hoxe segue sen cumprirse.

Atendendo, unha vez máis, ao deixamento e ao pasotismo do goberno municipal, Alternativa dos Veciños decidiu contratar un estudo para medir as radiacións que emiten as liñas de alta tensión que pasan á beira das vivendas e do polideportivo municipal de Galán. Este estudo, xunto coas sinaturas recollidas, será presentado nos próximos días ante o concello e a Consellería de Industria.

“Queremos agradecer á veciñanza de Oseiro e tamén á veciñanza das outras parroquias que se achegaron a asinar e mostrar o seu apoio. En menos de tres horas xa se superaran as 300 firmas.

A veciñanza de Sol y Mar xa non pode seguir soportando os efectos negativos que producen as radiacións na súa saúde e calidade de vida. Os fondos europeos entregados a España, que xestiona en parte directamente a Xunta de Galicia, poden e deben ser utilizados para abordar o soterramento ou desvío das liñas que pasan por Sol y Mar.”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Atendendo á espectacular resposta dos veciños na tarde de onte e tamén ás múltiples solicitudes de veciños que non puideron acudir e que desexan facelo, o sábado a partir das 16 horas volveremos á urbanización para recoller máis firmas”, matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!