CA

Alternativa de Arteixo reclama melloras nos centros de saúde cunha concentración

Decenas de veciños e veciñas de Arteixo participaron esta mañá na concentración convocada por Alternativa dos Veciños ante o centro de saúde de Arteixo para reclamar melloras no servizo de atención primaria nos centros de saúde do municipio. O acto tamén contou coa presenza dos profesionais sanitarios do centro, tamén prexudicados polos recortes do Goberno da Xunta na sanidade pública.

A representante local de Alternativa en Arteixo, Noelia Martínez, explicou que “os recortes que vén realizando a Xunta de Galicia na sanidade pública están deixando un servizo moi precario que provoca problemas moi graves a pacientes e profesionais”. Martínez dixo que “falta de persoal sanitario de atención primaria, hai demoras nas citas para as consultas, determinadas especialidades teñen unha lista de agarda de máis dun ano e a pesar do aumento de poboación dos últimos anos os recursos sanitarios son os mesmos ou menos”. A voceira de Alternativa en Arteixo tamén anunciou que “se a Xunta non procede de inmediato a realizar melloras no servizo de atención primaria nos centros de saúde do concello, verémonos na obriga de tomar outras medidas máis drásticas. A situación é caótica”.

Novas relacionadas