escolaarteixo

Alternativa de Arteixo reclama solucións inmediatas para os problemas do Colexio Barrionovo

O Colexio Barrionovo de Pastoriza está a ter numerosas filtracións de auga, cheiro a humidade, charcos nas aulas e varias repisas empapadas. Ante a gravidade desta situación, que se prolonga desde hai anos, o Concello de Arteixo non está a adoptar ningún tipo de solución.

Alternativa dos Veciños ten previsto convocar unha concentración se o Concello non acomete as obras de reparación necesarias nos próximos días. Os nenos e nenas de Arteixo non poden seguir acudindo a clase nestas condicións.

Novas relacionadas