Alternativa de Arteixo reactiva a recollida de firmas para solicitar melloras en pediatría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo reactiva a recollida de firmas para solicitar melloras en pediatría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reactiva a campaña de recollida de firmas para solicitar melloras no servizo de pediatría dos centros de saúde do municipio.

A principios de febreiro convocamos unha concentración diante do centro de saúde de Arteixo en protesta aos recortes que vén facendo a Xunta de Galicia na Atención Primaria. A finais de febreiro puxemos en marcha unha campaña de recollida de firmas para solicitar ao Sergas e ás Xunta melloras no servizo de pediatría nos centros de saúde do municipio. Nuns poucos días conseguimos máis de medio milleiro de firmas, pero como consecuencia da grave crise sanitaria provocada polo Covid-19, vímonos obrigados a paralizar esta campaña. Agora, que xa estamos na Fase 3 e que ademais a partir do próximo luns a Xunta de Galicia pretende deixar sen efecto o estado de alarma, volvemos reactivar esta campaña.

En Alternativa temos claro que tanto o Sergas como a Xunta non teñen ningunha intención de mellorar este servizo no municipio de Arteixo, senón que mesmo van aproveitar a grave crise sanitaria como unha escusa para seguir recortando na sanidade pública. Nos últimos días informábase de que o pediatra que alternaba entre os centros de saúde de Vilarrodís e Meicende, a partir do 15 de xuño deixará de consultar neste último como mínimo ata outubro. Isto pódese entender como outra estratexia das citadas administracións para eliminar o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Meicende.

Desde Alterativa dos Veciños solicitamos ao Sergas e á Consellería de Sanidade que paralicen esta intención, xa que de non ser así, verémonos no deber de tomar outras medidas máis drásticas. Queremos deixar moi claro, que non permitiremos que se siga desmantelando a Atención Primaria en Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!