[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo presentará unha querela contra Antonio Patiño pola súa denuncia falsa
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo informou esta mañá sobre a decisión de interpoñer unha querela criminal polos delitos de inxurias e calumnias con publicidade, así como un delito de denuncia falsa, contra o Sr. Antonio Patiño. As denuncias presentadas no pasado mes de xullo polo Sr. Antonio Patiño contra o coordinador e a voceira de Alternativa en Arteixo, Juanfran Martínez e Noelia Martínez, foran dirixidas aos xulgados de instrución nº1 e nº3, que acordaron o sobresemento e arquivo.
O pasado 29 de setembro, Juan Francisco Martínez e Noelia Martínez , presentaron no Xulgado de Paz de Arteixo unha demanda de acto de conciliación na que se lle requiría a Antonio Patiño que se aviñera e recoñecese a falsidade das denuncias que presentara. O requirido non compareceu ao acto de conciliación.
“Tiñamos claro que dicir a verdade provocaría que recibísemos descualificacións, calumnias, ataques persoais, e mesmo, como se chegou a producir nos últimos meses, que orquestrasen falsas denuncias. Non todo vale, e non se pode consentir e deixar pasar de longo uns feitos tan graves, que tiñan como único obxectivo ensuciar o nome de Alternativa e dos seus representantes en Arteixo. Esperamos que entendan canto antes que Alternativa non está en Arteixo para que todo siga igual, senón que estamos para cambiar as malas políticas, para mellorar o municipio e a calidade de vida” dixo Noelia Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]