sol y mar

Alternativa de Arteixo propón sufragar o soterramento da alta tensión en Sol y Mar con fondos europeos

Ante o anuncio de eliminación, mellora e soterramento de liñas de alta tensión no Concello de Arteixo, Alternativa dos Veciños demanda á Xunta e ao Concello que se obrigue a soterrar as liñas de alta tensión que atravesan a urbanización Sol y Mar.

As máis de 1.000 persoas que viven nesta urbanización levan 40 anos soportando a presenza do cableado e das torretas nas proximidades das súas vivendas. Ademais as liñas tamén pasan polo colexio público que hai na zona.

Existe un convenio asinado entre o Concello, a Consellería de Industria e a compañía eléctrica para eliminar as liñas nesta zona. Alternativa de Arteixo esixe que dunha vez por todas se cumpra con ese convenio e se inclúa como un proxecto a sufragar cos fondos europeos que se van recibir proximamente

Novas relacionadas