Alternativa de Arteixo presentou unha solicitude con decenas de firmas para demandar o arranxo da estrada Porto de Sorrizo-Praia do Reiro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo volverá saír á Alternativa de Arteixo presentou unha solicitude con decenas de firmas para demandar o arranxo da estrada Porto de Sorrizo-Praia do Reiro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo presentou unha solicitude acompañada de decenas de firmas da veciñanza para demandarlle ao Goberno Municipal que arranxe e acondicione o tramo da estrada que enlaza o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro, de tal modo que teñan cabida os vehículos, os peóns e as bicicletas, xa que a decisión tomada nas últimas semanas de converter este tramo en peonil, causa numerosos problemas a residentes, veciños e visitantes.

Alternativa dos Veciños e a veciñanza de Sorrizo non comparte a decisión tomada nas últimas semanas polo Goberno Municipal, de converter en peonil o tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro.

“A decisión de converter en peonil este tramo de estrada non é a solución, xa que se existe risco de afundimento, tal como informaron que indican os técnicos, e os residentes seguen circulando cos seus vehículos, pois segue existindo o risco e tamén se segue agravando o mesmo.

Se os técnicos informan que existe risco de afundimento, pois o que se debe facer é acometer as actuacións necesarias para solucionar un problema que vén de moitos anos atrás.

Ao mesmo tempo, aproveitando a necesidade de arranxar este tramo de estrada, deberíanse realizar as xestións pertinentes para conseguir o solo necesario e poder ensanchar este tramo de estrada e que deste xeito poidan convivir no mesmo tanto os vehículos como os peóns e as bicicletas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Esperamos que o Goberno Municipal sexa quen de atender a solicitude que presentamos, que é apoiada por practicamente toda a parroquia de Sorrizo. A nosa opinión e a da veciñanza de Sorrizo tamén a comparten a gran maioría dos cidadáns de Arteixo ” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!