Alternativa de Arteixo presenta centos de firmas para que a Xunta elimine a alta tensión de Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo presenta centos de firmas para que a Xunta elimine a alta tensión de Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo presentará mañá unha solicitude na Xunta e no Concello, acompañada de centos de firmas de veciños e veciñas, para demandar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a urbanización Sol y Mar e o polideportivo municipal de Galán.

Alternativa dos Veciños leva moitos meses traballando intensamente e demandando ás diferentes administracións que se fagan as xestións necesarias para eliminar as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e o Polideportivo Municipal de Galán.

Na Urbanización Sol y Mar son 500 vivendas e máis de 1200 veciños e veciñas que levan sufrindo durante 40 anos a contaminación electromagnética e as radiacións, así como o conseguinte deterioro e a infravaloración dos seus patrimonios.

“O 30/12/2020 e o 18/02/2021 presentamos un escrito por rexistro á atención do alcalde para solicitarlle que levase este asunto ao pleno da corporación, pero a día de hoxe aínda non recibimos contestación algunha, o cal non só consideramos unha falta de respecto cara a nosa formación, senón tamén, e principalmente, cara os veciños e veciñas de Sol y Mar”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

Ante o total desinterese e deixamento mostrado polo goberno municipal, Alternativa realizou unha recollida de firmas na urbanización para demandar ao Concello e á Xunta de Galicia que realicen as xestións necesarias para soterrar ou desviar as liñas de alta tensión da Urbanización Sol e Mar, en Oseiro, e que se executen con cargo aos fondos europeos que vai recibir a comunidade autónoma con motivo do covid.

“Nunhas poucas horas recolléronse máis de 500 firmas na urbanización e logo case 300 máis nuns establecementos nos que deixamos documentos por petición de veciños da urbanización que non puideron asinar o día da recollida de firmas.

A situación que veñen sufrindo os veciños da Urbanización Sol y Mar é gravísima. Chegou o momento de repoñer o grave prexuízo causado a máis de 1.200 veciños e veciñas, cuxa instalación eléctrica tantos males lle leva causado pola alta radiación que veñen sufrindo”, matiza Juanfran Martínez.

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!