Alternativa de Arteixo ponse a disposición do Goberno municipal para axudar a combater o coronavirus

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo ponse a disposición do Goberno municipal para axudar a combater o coronavirus

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Arteixo ponse ao disposición do equipo de Goberno para axudar a combater e xestionar a crise de emerxencia sanitaria provocada polo virus COVID-19.

O Goberno de Arteixo creou unha comisión de seguimento do coronavirus con representación de todos os grupos políticos, pero non contou con Alternativa dos Veciños que, aínda que xa non contemos con representación no pleno do concello polos motivos que xa son dabondo coñecidos, foi apoiada nas pasadas eleccións municipais por mil veciños e veciñas do municipio. Por iso queremos poñernos ao dispor do Goberno para colaborar e axudar nesta grave situación de emerxencia sanitaria.

O alcalde de Arteixo sabe perfectamente que varios representantes de Alternativa de Arteixo son empregados do Sergas e que podemos ser de grande axuda á hora de tomar medidas para combater o virus no noso municipio. Sen ir máis lonxe, a representante local de Alternativa no municipio, Noelia Martínez é sanitaria no Hospital Universitario da Coruña.

Non é o momento das estratexias políticas nin da confrontación ideolóxica, senón que é o momento de que todos arrimemos o ombreiro e acheguemos na medida do posible para superar canto antes esta complicada situación que nos afecta a todos e todas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!