Alternativa de Arteixo ofrece asesoramento para reclamar as irregularidades dos recibos da auga
A empresa que xestiona o servizo da auga no Concello de Arteixo podería estar a cometer un suposto fraude no cobro dos recibos. A lectura dos contadores, que debería ser trimestral, en moitos casos non se está a facer cando corresponde, senón que se están facendo estimacións do consumo para emitir os correspondentes recibos. Pero, cando volven tomar a lectura real dos caudais consumidos, estes superan en moito os mínimos establecidos, dado que se factura conxuntamente un consumo que se debería ter facturado trimestralmente, tal e como establece a ordenanza municipal. Esta situación implica que aos veciños se lles facture un consumo que non é real e teñan que pagar a auga con sobre custo. Isto tamén supón que se vexan incrementados os custos das taxas de mantemento do alcantarillado, do canon da auga da Xunta e o da depuración da EDAR de Bens.
Todos aqueles veciños e veciñas que teñan que recuperar os cartos pagados de máis deben presentar unha reclamación ao Concello. Aquelas persoas que queiran asesorarse sobre este asunto poden dirixirse á oficina que ten Alternativa dos Veciños en Arteixo na Rúa Balneario nº 3, enviar un correo a arteixo@alternativadosvecinos.org ou chamando o 604080109.