Alternativa de Arteixo mide as radiacións na urbanización Sol y Mar para esixir o seu soterramento
Un técnico contratado por Alternativa dos Veciños de Arteixo procedeu esta mañá a medir as radiacións emitidas polos cables das torres de alta tensión que atravesan as vivendas da urbanización Sol y Mar e un colexio público. Cos datos do informe, volverá requerírselle á Consellería de Industria e á empresa eléctrica o soterramento das liñas nesta zona.
Os fondos europeos entregados a España, que xestiona en parte directamente a Xunta de Galicia, poden e deben ser empregados para abordar este soterramento, pendente desde hai décadas. Este debería ser un investimento prioritario para eliminar este grave problema, que afecta a máis de 1.200 veciños desta zona de Oseiro, expostos a campos electromagnéticos e radiacións.