manifeol

Alternativa de Arteixo maniféstase contra os eólicos

As consecuencias para o municipio son graves tanto polas propias instalacións como polas conducións eléctricas necesarias.

Ducias de persoas manifestáronse en Arteixo para protestar contra o xeito que se está a realizar a invasión eólica do territorio e ás liñas de alta tensión como a da Urbanización Sol y Mar de Oseiro, que levan 30 anos soportando liñas de alta tensión enriba das súas casas. As veciñas e veciños proclamaron que “vendíannos as enerxías renovables como limpas e respectuosas co medio ambiente e finalmente están converténdoas totalmente no contrario”. Ademais da referencia á urbanización de Oseiro tamén citaron o caso de Santa Locaia (Loureda) que se vería gravemente afectada polo parque eólico de Carboeiro e o de Monteagudo, en Carballo, que incluiría un tendido eléctrico de 14 km para abastecer ao polígono de Morás.

Desde hai 2 anos Galicia é o obxectivo do oligopolio enerxético para a construción de novos polígonos eólicos, que afectan a Arteixo e á súa veciñanza, prexudicando gravemente o medio natural e deixando numerosas vivendas expostas a radiacións, hipotecando centos de parcelas atravesadas polas redes e sería o golpe definitivo a núcleos de poboación que están illados e completamente esquecidos polo Concello.

Novas relacionadas