Alternativa de Arteixo participa na manifestación convocada na Coruña contra a depredación enerxética

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo participa na manifestación convocada na Coruña contra a depredación enerxética

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo participou na manifestación celebrada na Coruña contra a depredación enerxética, que foi convocada polas plataformas da comarca da Coruña. Alternativa de Arteixo xa celebrou o pasado sábado día 17 de setembro unha manifestación en Arteixo contra a invasión eólica, que afecta gravemente o municipio arteixán.

Unha manifestación na que tamén participaron diferentes plataformas da comarca de Coruña e, na que se fixo un chamamento a continuar loitando para protexer o medio ambiente natural e o medio rural.

“Hoxe volvemos a participar nunha manifestación contra a invasión eólica, esta vez na Coruña, porque non debemos de deixar de loitar e mostrar o noso rexeitamento contra esta invasión eólica descontrolada, que está a causar graves prexuízos a nosa terra” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“A cidadanía debe espertar e saír ás rúas para defender o noso medio ambiente natural e o noso rural, xa que logo será demasiado tarde. Por suposto, debemos defender a saúde e calidade de vida, a cal é posta en risco por parte desta invasión eólica, que instala aeroxeradores e tendidos eléctricos pegados ás vivendas” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!