Alternativa convocará unha manifestación contra os proxectos eólicos en Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa convocará unha manifestación contra os proxectos eólicos en Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo convocará unha manifestación no mes de setembro para mostrar o rexeitamento da veciñanza de Arteixo cara os proxectos eólicos en tramitación que afectan ao medio ambiente natural, as vivendas e as parcelas atravesadas do municipio de Arteixo.

Alternativa dos veciños de Arteixo continua levando a cabo iniciativas, informando aos afectados e mobilizando á cidadanía para tratar de paralizar os proxectos eólicos que prexudicarían gravemente ao municipio.

“De levarse a cabo os proxectos en tramitación, o municipio de Arteixo quedaría gravemente afectado; prexudicando gravemente o medio ambiente natural do municipio, deixando a numerosas vivendas expostas a radiacións hipotecando centos de parcelas atravesadas e, tamén seria seria o golpe definitivo núcleos de poboación que están illados e completamente esquecidos polo concello” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Desde Alternativa dos Veciños traballaremos intensamente para que este proxectos non se leven a cabo, xa que ademais de afectar as propiedades e ao medio ambiente, pola súa proximidade ás vivendas seria moi prexudicial para a saúde e calidade de vida dos veciños e veciñas” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!