Alternativa de Arteixo lamenta que o Goberno municipal só saia do inmobilismo cando a veciñanza sae á rúa

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Rescinde contrato coa empresa que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar tras a sonora protesta na rúa[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños lamenta que para que o Goberno Municipal tomase medidas coa prestación do Servizo de Axuda no Fogar, a veciñanza tivese que saír ata en dúas ocasións á rúa para demandar solucións.

O Goberno Municipal anunciaba o luns a rescisión do contrato coa actual adxudicataria do contrato de axuda no fogar correspondente á zona norte do municipio e, tamén un incremento orzamentario do servizo que sumara 5.500 horas.

Para que se tomasen medidas  coa prestación deste servizo tan esencial para as persoas dependentes do municipio, Alternativa dos Veciños tivo que celebrar unha concentración diante da Casa do Concello o pasado día 28 de xaneiro. Tamén, os familiares dos usuarios afectados pola nefasta xestión do servizo celebraron unha segunda concentración o pasado sábado día 11 de febreiro na avenida do Balneario.

“Ata hai poucos días o equipo de Goberno dicía que o Servizo de Axuda no Fogar funcionaba perfectamente e que todo era marabilloso. Pero, agora, resulta que Alternativa e os afectados tiñan razón no que denunciaban e demandaban. Di moito dun equipo de Goberno, que só sexa quen de saír do inmobilismo cando a cidadanía xa non aguanta máis e sae á rúa. Se a cidadanía non sae á rúa, os membros do Goberno seguen instalados no seu deixamento e pasotismo“ apunta Noelia Martínez. 

“Este problema non se soluciona simplemente co cambio de empresa, senón que é necesario e imprescindible que o Goberno realice a correspondente supervisión ás empresas adxudicatarias. 

Os pregos de prescricións técnicas están moi ben, pero logo hai que facer cumprir as condicións que se establecen nos mesmos” expón Noelia.                                          

“Esperamos que os cambios que di o Goberno sexan unha realidade e que os usuarios afectados poidan recuperar a normalidade no servizo canto antes. Tanto os usuarios afectados como os seus familiares levan moitos meses sufrindo as consecuencias provocadas pola nefasta xestión do servizo” matiza a voceira de Alternativa, Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!