Alternativa de Arteixo lamenta que o Concello teña 3 millóns en obras sen contratar financiadas pola Deputación

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo lamenta que o Concello teña 3 millóns en obras sen contratar financiadas pola Deputación

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo critica a mala xestión do Goberno municipal que dispón de tres millóns de euros para obras que financia a Deputación Provincial e que aínda están sen contratar. Trátase de diversas actuacións sen realizar que contan con fondos provinciais desde o ano 2018.

Algunhas das obras sen contratar que contan co financiamento da Deputación son a glorieta e urbanización da Avenida Arsenio Iglesias, a ampliación do paseo fluvial de Sabón, a renovación da rede de saneamento de Foxo-Loureda, a impulsión de auga ó depósito de A Pastoriza, a senda peonil entre O Quinto Pino e Maceda e a de Laxobre ou a mellora do pavimento en camiños das parroquias de Barrañán e Armentón.

“Resulta incomprensible que un Concello como Arteixo, que dispón dun importante número de persoal técnico non sexa capaz de contratar as obras que paga a Deputación. Esta mala xestión deixa á veciñanza sen moitos servizos que mellorarían a súa calidade de vida”, apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!