[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo informa á veciñanza sobre a liña de alta tensión de Monteagudo a Morás
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo está a percorrer as parroquias e informando a veciñanza por megafonía do proxecto de instalación dunha liña de alta tensión do parque eólico de Monteagudo ao polígono de Morás.
Alternativa está a informar a veciñanza sobre a liña aérea de alta tensión que pretende instalar unha empresa privada co beneplácito da Xunta de Galicia, desde o parque eólico de Monteagudo ata o polígono de Morás, xa que hai moitos afectados que non saben deste proxecto debido a que o concello non os informou debidamente.
O proxecto suma uns 15 quilómetros de tendido eléctrico, nos que só un quilómetro iría soterrado, dos cales máis de 13 atravesan o territorio de Arteixo. “A propósito de todos os prexuízos que conleva a instalación desta liña de alta tensión, A Xunta de Galicia aproba este proxecto para que unha empresa privada se poida lucrar. Xa todos coñecemos sobradamente as políticas do Partido Popular” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
Alternativa dos veciños pídelle o alcalde de Arteixo que deixe de facerse o indignado nos medios de comunicación, e que vaia Santiago á Xunta de Galicia a esixirlle aos seus compañeiros de partido que se paralice este proxecto, xa que é un ataque ao municipio de Arteixo e aos seus veciños.
“As liñas aéreas de alta tensión prexudican gravemente a saúde, o medio ambiente e as propiedades atravesadas. O alcalde Carlos Calvelo e o seu equipo de goberno deben deixar o “paripé” e actuar dunha vez para paralizar esta atrocidade” matiza Juanfran.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]