Alternativa de Arteixo facilita un modelo de reclamación para a veciñanza afectada polas irregularidades nos recibos da auga

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo facilita un modelo de reclamación para a veciñanza afectada polas irregularidades nos recibos da auga

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo elabora un modelo de reclamación, que se pode descargar na paxina web da formación «alternativadosvecinos.org», para facilitar as reclamacións á veciñanza afectada polas irregularidades nos recibos da auga.

No pasado mes de marzo, despois de ser alertados do descontrol nos recibos da auga por numerosos veciños e veciñas, Alternativa do Veciños realizou un estudo de varios recibos da auga e detectou irregularidades que proviñan do descontrol na toma de lecturas dos contadores.
Como consecuencia deste descontrol na toma de lecturas, son moitos os veciños que se ven afectados pola facturación estimada que realizan en varios trimestres desde o Servizo Municipal de Augas, xa que cando toman a lectura real e regulan a facturación dos caudais consumidos, emíteselles un recibo cun importante número de metros cúbicos de auga consumidos, que provoca un sobrecusto no prezo da auga, rede de sumidoiros, depuración e canon da Xunta.

Nestes meses Alternativa dos Veciños leva atendendo e axudado a presentar reclamacións a centos de veciños afectados por estas irregularidades, e é por iso, que agora a formación elaborou un modelo de reclamación, que se pode descargar na web da formación «alternativadosvecinos.org» ou recoller no local que ten Alternativa en Arteixo, que sita en na Avenida do Balneario nº3.

Moitas das reclamacións presentadas xa foron atendidas e aos afectados devolveranlles a cantidade cobrada indebidamente descontando o correspondente importe nos próximos recibos.

“Atendendo aos numerosos veciños e veciñas que nos chaman cada día para solicitar axuda para presentar reclamación, decidimos elaborar un modelo de reclamación baseado nas irregularidades existente na toma de lecturas. Así os afectados que o desexen pódeno descargar da nosa páxina WEB, cumprimentar e presentar telemáticamente na sede electrónica do concello, ou presencialmente no concello ou na oficina do Servizo Municipal de Augas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

 

MODELO DE RECLAMACIÓN[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!