Alternativa de Arteixo estudará o novo proxecto de tendido eléctrico de Acciona para tomar medidas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo presenta as Alternativa de Arteixo estudará o novo proxecto de tendido eléctrico de Acciona para tomar medidas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo estudará o novo proxecto presentado por Acciona para instalar unha liña de alta tensión do Parque Eólico de Monteagudo ata o Polígono de Morás, e tomaranse as medidas que se consideren oportunas, xa que esta nova variante segue prexudicando gravemente ao municipio de Arteixo. Alternativa dos Veciños solicitou durante meses ao Goberno municipal que esixise á Xunta de Galicia a paralización deste proxecto, promovido pola empresa Eólicos Breogán SL, xa que é un ataque contra o medio ambiente natural do municipio de Arteixo e tamén deixaría a numerosas vivendas expostas a radiacións.

“A empresa Acciona, propietaria agora do proxecto xa que administra a empresa Eólicos Breogán, presentou ao Concello un trazado alternativo ao presentado inicialmente, pero que non deixa de ser gravemente prexudicial para o municipio de Arteixo. Ao parecer a empresa presentou unha variación do trazado e tamén agora pasaría a soterrar tres quilómetros en vez de un como se indicaba no trazado inicial. Pero, que se supón que se soluciona con esta variante? Con esta variación xa non se prexudica o medio ambiente do municipio? Con esta variación xa non quedarían propiedades afectadas? Se algo queda claro en todo isto, é que este proxecto é un ataque ao municipio de Arteixo, e ademais hai un interese manifesto por parte das diferentes administracións para que unha empresa privada se poida beneficiar” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“É un insulto á veciñanza e outra falta de respecto cara a nosa formación, que o goberno municipal non nos convocara á reunión onde se presentou o novo trazado, na que supostamente participaron algunhas asociacións e os partidos con representación no pleno. O goberno municipal esquece que aínda que xa non esteamos no pleno, representamos a mil veciños e veciñas que nas pasadas eleccións municipais depositaron a súa confianza na nosa formación” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!