Alternativa de Arteixo esixe que o Goberno municipal deixe de enganar aos veciños de Sorrizo e Chamín

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo esixe que o Goberno municipal deixe de enganar aos veciños de Sorrizo e Chamín

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Máis de sete meses despois de peonalizar a estrada que enlaza o Porto de Sorrizo coa Praia do Reiro, o Goberno municipal de Arteixo segue sen poñer en marcha as alternativas prometidas nunha reunión coa veciñanza.

Alternativa dos Veciños volve solicitar melloras en vías municipais que transcorren polas parroquias de Sorrizo e Chamín, xa que coa decisión do Goberno Municipal de converter en peonil o tramo de estrada que enlaza a Praia do Reiro e o Porto de Sorrizo, e o mal estado no que se atopan as demais vías municipais que dan acceso á parroquia de Sorrizo, os veciños e veciñas que teñen que circulan a diario por estas estradas expóñense ao risco de sufrir accidentes e tamén de esnaquizar os seus vehículos.

“O alcalde prometeu fai máis de sete meses aos veciños das parroquias de Sorrizo e Chamín, que o tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo coa Rúa das Lobas sería arranxado de inmediato, pero como se pode comprobar, esta vía segue no mesmo estado e non hai ningunha previsión de que se vaia a arranxar a curto prazo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo. “Na mesma reunión, membros do Goberno Municipal, prometéronlle a veciñanza que se ía adecentar o camiño forestal que enlaza a Rúa das Lobas coa Rúa Punta Alta para minimizar os problemas ocasionados pola peonalización do tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo coa Praia do Reiro, pero a día de hoxe tampouco se realizou mellora algunha” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!