Alternativa de Arteixo esixe a dimisión do concelleiro non adscrito Antonio Patiño

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo esixe a dimisión do concelleiro non adscrito Antonio Patiño

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo demanda á alcaldía do Concello de Arteixo e ao Pleno da corporación a inmediata dimisión deste edil por inferir no prestixio tanto do Concello como da corporación da que forma parte, ao incorrer nun ataque violento contra varios veciños e membros do grupo municipal de alternativa.

A situación ven desenlazada por un acontecemento que tivo lugar o pasado 8 de xullo cando membros do grupo municipal de Alternativa de Arteixo circulaban nun vehículo con megafonía informando sobre unha asemblea na parroquia de Morás, cando o susodito se abalanzou sobre o vehículo proferindo insultos ás persoas ocupantes e obrigando ao condutor a facer unha perigosa manobra invadindo o carril contrario, que por pouco se provoca un accidente con outro vehículo que circulaba na dirección contraría.

“Non se pode consentir en aqueles que están representando aos cidadáns en organizacións democráticas se involucren en feitos coma este. Di moi pouco tanto da categoría moral, como da ética de esta persoa,” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!