db

Alternativa de Arteixo e A Duna Club propoñen un acto de homenaxe e un monumento para Diego Bello

Alternativa dos Veciños e A Duna Club Surf Arteixo presentaron unha proposta no Concello de Arteixo para a instalación dun monumento e a celebración dun acto en homenaxe a Diego Bello, asasinado en Filipinas o pasado 8 de xaneiro. Ambas entidades solicitan que sexa a contorna da praia de Barrañán o lugar elixido, por tratarse da zona onde Bello se iniciou no mundo do surf.

Alternativa e o club de surf solicitan que se someta este asunto a votación no próximo pleno, para poder realizar esta homenaxe proximamente.

Novas relacionadas