Alternativa de Arteixo detecta que as obras da gasolineira de Maceira non se axustan ao proxecto

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo detecta que as obras da gasolineira de Maceira non se axustan ao proxecto

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo examina o expediente para a construción dunha gasolineira na Maceira é observa modificacións substanciais, xa que as obras realizadas non se axustan ao proxecto presentado

Visto o expediente para a construción dunha estación de servizo a situar na marxe dereita da estrada AC-552. PK5+428-5660. A Coruña-Cee, Concello de Arteixo, promovida pola empresa Promociones Rúa Buenos Aires, S.L. e unha vez examinada e analizada a documentación que nos permitiron consultar observamos:

Que as obras realizadas ao amparo da licencia de obra, outorgada con data 4-10-2019. Resolución 2358/19, modificando a situación da marquesiña para a distribución dos carburantes e situando os depósitos en solo non previsto nos proxectos, non se axustan ao proxecto presentado e asinado polo técnico industrial e visado por COETICOR.

Con data 10-06-2020 a entidade KUWAIT PETROLEUM ESPAÑA, S.A. notifica ao Concello que adquiriu determinados dereitos na parcela obxecto do expediente de estación de servizo e solicita a transmisión de licencia, outorgándose polo Concello a mesma.

No expediente que se nos permitiu consultar non constaba a escritura presentada por KUWAIT PETROLEUM ESPAÑA, S.A., documento imprescindible para autorizar a transmisión da licencia.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!