bombeo

Alternativa de Arteixo denuncia vertidos de fecais ao Rego Acibeiro

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia vertidos de fecais ao Rego Acibeiro nunha estación de bombeo da rede municipal de saneamento no lugar dos Bugallales, na parroquia de Armentón. O bombeo non funciona adecuadamente, e é por iso, que está vertendo continuamente augas residuais ao Rego Acibeiro.

“O Goberno municipal é perfectamente coñecedor desta situación, pero como xa sucedeu e segue sucedendo noutros puntos do municipio onde se producen vertidos de augas residuais, o equipo de goberno mira para outro lado e non fan absolutamente nada” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“É importante ter en conta que o Rego Acibeiro desemboca no Río Sisalde, antes da captación de auga. Por tanto, xa todos sabemos onde acaban as bacterias que conteñen as augas fecais” matiza Juanfran Martínez.

Novas relacionadas