Alternativa de Arteixo denuncia que o Goberno municipal non permite á veciñanza participar nos plenos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia que o Goberno municipal non permite á veciñanza participar nos plenos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o Goberno municipal non permite á veciñanza participar e formular preguntas nos plenos da corporación. As formas utilizadas polo actual Goberno son pouco ou nada democráticas.

“O sucedido no pleno ordinario de outubro, onde o Goberno Municipal non permitiu á veciñanza formular preguntas, e por tanto, non se respectou o regulamento de participación cidadá, é outro escándalo sen precedentes protagonizado polo equipo de goberno presidido polo Sr. Calvelo. Cando o Sr. Calvelo di que as preguntas non se acollían ao Regulamento Orgánico Municipal (ROM), ou ben demostra que non coñece o mesmo, ou ben demostra que o goberno que preside continua na súa liña de seguir burlándose dos veciños e veciñas de Arteixo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Estes actos protagonizados polo Goberno Municipal do Partido Popular son propios de ditaduras, e é por iso, que non se poden permitir nin consentir nunha democracia consolidada como a nosa. Algúns desexan volver ao pasado para ter poder e autoridade absoluta e así non ter que render contas ante a cidadanía” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!