Alternativa de Arteixo denuncia o deixamento do Concelleiro de Medio Ambiente

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia o deixamento do Concelleiro de Medio Ambiente

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia o deixamento do Concelleiro de Medio Ambiente por non facer cumprir coa Lei de Montes 7/2012 e coa Lei de Incendios 3/2007. Alternativa leva desde outubro do pasado ano presentando solicitudes á atención do Concelleiro de Medio Ambiente para que se obrigue aos propietarios dunha parcela situada no Lugar de Santaia de Arriba na parroquia de Chamín, a realizar os traballos pertinentes para cumprir coa Lei de Montes 7/2012 e coa Lei de Incendios 3/2007, xa que as condicións nas que se atopa a mesma provoca que se estea invadindo a vía pública e afectando ao tendido telefónico e eléctrico, e por suposto, a plantación de eucaliptos existente tampouco cumpre coas distancias obrigatorias ás vivendas, o cal en caso de incendio é un autentico perigo para as vivendas que se atopan á beira da citada parcela.

“Enviamos ata tres solicitudes á atención do Concelleiro de Medio Ambiente para que procedese a informar debidamente da situación aos propietarios da parcela, para que procedan a tallar os eucaliptos que sexan necesarios e así dar cumprimento á Lei de Montes 7/2012 e a Lei de Incendios 3/2007, e que se os propietarios non atendían á devandita solicitude no prazo correspondente, entón debía ser o concello o que procedese a realizar os traballos correspondentes e logo pasar a correspondente factura aos propietarios” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“A realidade é que nove meses despois e a piques de entrar no verán, a parcela segue nas mesma condicións e o goberno municipal non fai nada. A área de Medio Ambiente do Concello de Arteixo é un autentico desastre, cun concelleiro ao mando que cobra corenta mil euros ao ano sen facer absolutamente nada” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!