[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo denuncia descontrol nos cobros dos recibos da auga
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia irregularidades na facturación e cobranza da auga, debido a que o Servizo Municipal de Augas non está a realizar as lecturas dos contadores como corresponde e se establece na ordenanza municipal.
Moitos veciños están a percibir descontrol na facturación e cobro da auga, xa que non se está realizando a lectura dos contadores periodicamente, tal como se recolle na ordenanza municipal.
Como consecuencia deste descontrol na toma de lecturas, son moitos os clientes que se ven afectados pola facturación estimada que realizan en varios trimestres seguidos desde o servizo municipal de augas, xa que cando toman a lectura real e regulan a facturación dos caudais consumidos, emíteselles un recibo cun importante número de metros cúbicos de auga consumidos e un alto importe a pagar. Tendo en conta, que nestes recibos onde se tomou a lectura real despois de varios trimestres sen facelo e onde no seu lugar se facía unha estimación, regularizan a facturación do caudal consumido de maneira conxunta e nun único recibo, o cal provoca un sobre custo da auga dada a importante cantidade de metros cúbicos facturados conxuntamente.
“O que non se pode e pasar varios trimestres seguidos sen tomar a correspondente lectura do contador dalgunhas vivendas sen existir ningún tipo de xustificación, xa que cando volven tomar a lectura real, logo a estes clientes factúraselles unha importante cantidade de metros cúbicos de auga de maneira conxunta, e aínda por encima isto provoca que a teñan que pagar con sobre custo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.
“Hai moita xente que non entende o importe destes recibos, xa que descoñece que o prezo da auga varia en función dos caudais consumidos. O prezo da auga non é o mesmo se consumes 20 metros cúbicos no trimestre, que se consumes 80 metros cúbicos. É un sistema tarifario onde se divide en grupos o prezo da auga dependendo dos litros consumidos” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]