Alternativa de Arteixo denuncia a incompetencia de Augas de Galicia

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia a incompetencia de Augas de Galicia

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia a incompetencia de Augas de Galicia, xa que uns días despois de confirmar a existencia de verteduras de augas residuais na Ría de Barrañán, volve contradicirse dicindo que nas comprobacións que realizaron non se detectou contaminación.

O pasado mércores 9 de xuño a formación recibía a chamada dunha técnica de Augas de Galicia, na que informaba de que efectivamente existían vertidos de fecais á Ría de Barrañán no punto que denunciara Alternativa dos Veciños. Que mesmo, nese mesmo momento atopábase no punto sinalizado por Alternativa e, que podía observar como saían restos de materia fecal. Pois ben, no día de onte, o organismo dependente da Xunta de Galicia, volvía contradicirse dicindo que nas comprobacións que realizaron non se detectou contaminación.

“Augas de Galicia volve demostrar, unha vez máis, que se move por intereses partidistas, xa que o que esta pasando coas verteduras na Ría de Barrañán é un autentico escándalo sen precedentes. Un día din que si existen vertidos de fecais á Ría de Barrañán e, ao día seguinte contradinse, e din que realizaron comprobacións e que non existe ningún tipo de contaminación” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Non permitiremos que Augas de Galicia e o Goberno Municipal se sigan rindo da cidadanía de Arteixo. É por iso, que tomaremos novas medidas e seguiremos denunciando esta grave situación. Toda España se debe enterrarse do que están a facer a Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo na Ría de Barrañán, xa que estas administracións saben que existen vertidos de fecais e de onde proveñen os mesmos, pero non fan nada por liquidar un grave problema que dana o patrimonio natural e a saúde das persoas e dos animais” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!