[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo denuncia ante Augas de Galicia unha vertedura de augas residuais na Ría de Barrañán
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Atendendo as denuncias recibidas por parte de veciños e veciñas da zona de Barrañán, Alternativa dos Veciños de Arteixo contratou unha análise microbiolóxica para comunicar a Augas de Galicia a existencia dunha vertedura de augas residuais na Ría de Barrañán. Dita vertedura situase na Ría de Barrañán, no cruce da Rúa Punta Alta e a Rúa Pedra da Area.
Para aclarar a situación contratouse un informe de laboratorio para proceder a unha análise microbiolóxico, que confirmou a presenza de Enterococos, Coliformes fecales e Escherichia coli. “A denuncia xa foi presentada ante Augas de Galicia xunto co correspondente informe de laboratorio que confirma a presenza dun vertido de augas fecais na Ría de Barrañán. Esperamos que Augas de Galicia actúe de inmediato, sancione aos infractores e que esixa ao Concello de Arteixo a que obrigue á estas vivendas a conectarse á rede de sumidoiros” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Non se pode permitir que por culpa dun veciño incívico que non quere enganchar as súas vivendas á rede municipal de sumidoiros e, que aínda por encima verte as augas fecais pola rede de pluviais, teñamos que ter a Ría de Barrañán e a praia con contaminación fecal. O Concello ten que deixar de mirar cara outro lado, e debe tomar medidas para emendar este grave problema dunha vez por todas” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]