Alternativa de Arteixo denuncia que as ambulancias non poden acceder a rúas de Suevos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia que as ambulancias non poden acceder a rúas de Suevos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que as ambulancias non poden acceder polas rúas do medio de Suevos, xa que non caben como consecuencia duns estreitamentos que o Goberno Municipal non é quen de solucionar

“É incrible que no ano 2021 no municipio de Arteixo aínda existan rúas polas cales non pode acceder unha ambulancia” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“O actual equipo de goberno promete nas campañas electorais que solucionará o problema existente cos estreitamentos polo medio de Suevos, pero logo pasan os anos e a solución nunca chega. Para este Goberno Municipal a culpa sempre é doutros. Unhas veces bótanlla a un organismo e outras a outro. Sempre é a mesma historia. A realidade é que o actual equipo de goberno está instalado no deixamento e o pasotismo. Demostran que carecen de capacidade de xestión e que non son quen de atender e solucionar os problemas e necesidades existentes no municipio” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!