[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo denuncia que as ambulancias non poden acceder ás rúas de Santaia de Arriba
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que as ambulancias non poden acceder polas rúas de Santaia de Arriba na parroquia de Chamín, xa que non caben como consecuencia duns estreitamentos que o Goberno Municipal non é quen de solucionar.
“O problema existente en Santaia de Arriba é similar ao do medio de Suevos. Como consecuencia duns estreitamentos a ambulancia non pode acceder” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Fai aproximadamente catros anos un señor sufriu un ataque cardíaco e a ambulancia non puido acceder á súa vivenda por mor destes estreitamentos. Lamentablemente este señor acabou falecendo. É incrible que no ano 2021 no municipio de Arteixo aínda existan rúas polas cales non pode acceder unha ambulancia e o Goberno siga mirando para outro lado” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]