Alternativa de Arteixo denuncia a instalación dunha cámara no camiño público de Barrañán pechado

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia a instalación dunha cámara no camiño público de Barrañán pechado

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o particular que está pechando o tramo de camiño público da Costa, que dá aceso a praia de Barrañán, agora tamén instalou vídeovixilancia nun poste de Fenosa.

O particular que se quere apropiar do camiño e privar o acceso aos propietarios das parcelas lindeiras e, tamén privar a todos os cidadáns o acceso polo mesmo á praia de Barrañán, pretende alugar unha parcela da súa propiedade que linda co camiño e incluír no aluguer o citado camiño. Nos últimos días tamén instalou unha cámara de videovixilanxia nun poste de Telefónica que está situado a beira do camiño e, tamén plantou arbores pegadas á beirarrúa da estrada provincial DP-0514 sen respectar as distancias establecidas nas normativas vixentes.

“O que está a suceder con este tramo do Camiño da Costa é algo surrealista. Un particular pecha o camiño e aprópiase del, logo pono en alugueiro xunto cunha parcela lindeira de que é da súa propiedade e, agora instálalle videovixilancia de forma ilegal para controlar aos cidadáns que se poidan achega ou pasar polo citado camiño publico”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

Alternativa denunciou está situación na Garda Civil de Arteixo, xa que un particular non pode instalar unha cámara de videovixilancia nun espazo público. É máis, está a cometerse un delito, xa que incumpre co disposto na lei de protección de datos sobre instalación de cámaras de videovixilancia.

“Ninguén pode entender como desde o concello non se fai nada para solucionar está situación. Alguén pretende apoderarse dun ben público do concello de Arteixo e o equipo de goberno mira para outro lado. É algo surrealista. A veciñanza está a esperar a que alguén do equipo de goberno explique que tipo de intereses se esconden detrás deste camiño. Esta situación é unha indignación e está a deixar en moi mal lugar ao concello de Arteixo”, matiza Juanfran Martínez.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!