Alternativa demanda explicacións ao Goberno local por permitir unha gasolineira baixo liñas de alta tensión

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa demanda explicacións ao Goberno local por permitir unha gasolineira baixo liñas de alta tensión

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno de Arteixo que dea explicacións sobre a instalación dunha gasolineira baixo unhas liñas de alta tensión.

O Goberno local concedeu licenza para a construción dunha gasolineira na Maceira, na estrada xeral que conecta que conecta A Coruña con Arteixo. A gasolineira está a construírse en solo rústico, nunha parcela que está atravesada polo centro por unhas liñas de alta tensión.

Alternativa dos Veciños entende que esta actuación supón unha posible ilegalidade, ademais dun serio perigo. Para impedir esta actuación, Alternativa dos Veciños denunciará a instalación desta gasolineira á Xunta de Galicia.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!