Alternativa dos Veciños demanda á Xunta e ó Concello de Arteixo que actúe ante o incendio da planta de Figueiroa

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños demanda á Xunta e ó Concello de Arteixo que actúe ante o incendio da planta de Figueiroa

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os veciños e veciñas de Figueiroa (parroquia de Arteixo), nas inmediacións da planta de compostaxe e residuos de Inversiones Castro Veira, así como os colexios próximos, están cansos de soportar a pasividade do Concello ante a contaminación do aire que se respira polo incendio iniciado o pasado 29 de outubro. Alternativa dos Veciños observa unha clara conivencia do Concello cos responsables da empresa, que usa todo tipo de artimañas para non recoller as notificacións. A lei prevé como comunicar aos infractores as providencias, á marxe da utilización do correo.

Tampouco se entende a actuación da Consellería de Medio Ambiente. Desde Alternativa dos Veciños demandarase a Industria unha actuación enérxica para a eliminación desta planta contaminante que incumpre as normas. Así mesmo, estudarase as posibilidades de acudir aos tribunais competentes en caso de que se prolongue esta situación.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!