Alternativa de Arteixo demanda avances para a aprobación dun Plan Xeral

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo demanda avances para a aprobación dun Plan Xeral

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Inexplicablemente, mesmo con maiorías, a corporación local segue sen sacar adiante un Plan Xeral que lle outorgue a Arteixo o nivel de vida que merece. O Plan é o motor de desenvolvemento dun concello, un documento que fomenta a calidade de vida e permite un crecemento urbano ordenado e sostible.

Defendemos un marco legal que permita a cada persoa saber a cualificación da súa propiedade e onde pode e non pode construír, eliminando a incerteza e establecendo unha legalidade que sirva como referencia. O crecemento urbano de Arteixo non pode estar baseado durante máis tempo en actuacións puntuais que o único que fan é favorecer proxectos especulativos que non pensan na veciñanza.

Alternativa dos Veciños está en contra de modificacións nas normas subsidiarias que nalgúns casos raian a ilegalidade. Nos últimos meses puidemos apreciar como o Goberno do PP pretende tramitar unha recualificación urbanística no Polígono de Sabón para autorizar actividades comerciais e industriais en todo o polígono, que poderían supoñer graves consecuencias para o comercio local de todo Arteixo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!