Alternativa de Arteixo demanda ao Concello que xestione a eliminación da alta tensión en Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo demanda ao Concello que xestione a eliminación da alta tensión en Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reclama ao Concello que realice as xestións precisas ante a Consellería de Industria, a Unión Europea e a compañía eléctrica para que se aborde canto antes a eliminación das liñas de alta tensión na urbanización Sol y Mar. Así mesmo, solicítase que este asunto sexa tratado nun pleno municipal.

Os veciños da urbanización Sol y Mar, en Oseiro, levan máis de 40 anos loitando ante a administración pública responsable da autorización da construción de 500 vivendas libres e de protección oficial baixo unhas redes de alta tensión de 380 Kw, que afectan aos pisos, ao centro social, ao polideportivo e ao colexio público –por un temporal unha das liñas caeu no patio de primaria-.

A loita veciñal para liberarse da radiación dos tres tendidos eléctricos, con diversas torres entre os edificios, atopouse ao longo dos anos co engano permanente e o incumprimento dos acordos plenarios e convenios que o Concello tiña coas consellerías de Industria e Sanidade e coas empresas eléctricas. Cada vez que había eleccións municipais, durante máis de tres décadas, tomábanse acordos plenarios e realizábanse visitas á urbanización para calmar os ánimos dos veciños e da plataforma que os representaba.

No mes de xullo do 2003 o pleno municipal aprobou o proxecto para o traslado das liñas. Nunca chegou a executarse porque o Concello incumpriu o convenio e nin adquiriu nin puxo a disposición da empresa eléctrica o solo necesario, alegando que faría falta a aprobación do Plan Xeral para modificar o trazado da rede eléctrica. En cambio, para especular co solo si se modifican as normas obsoletas do 1995, permitindo grandes pelotazos urbanísticos.

Arteixo é un concello desordenado e caótico. En Arteixo, tanto o polígono de Sabón como a Refinería, entre outros, proporcionan elevadísimos ingresos ás arcas municipais. O Goberno do señor Calvelo non é capaz de xestionar os orzamentos o que orixina unha grande cantidade de cartos paralizados nos bancos.

Alternativa dos Veciños demandamos que dunha vez por todas, desde o concello de Arteixo e desde a Xunta de Galicia -que vai recibir importantes fondos europeos- se subsane tan grave prexuízo que durante tantos anos soportaron os máis de 1.200 veciños da urbanización Sol y Mar.

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!