[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo demanda á Xunta docentes de apoio e máis ciclos de formación profesional
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitou unha reunión coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para solicitar varias mellora no eido do ensino público no municipio. O gabinete do conselleiro comprometeuse a recibir a representantes de Alternativa Arteixo nas primeiras semanas do ano.
As principais demandas de Alternativa dos Veciños son incrementar o número de docentes de apoio a nenos e nenas con necesidades educativas especiais no CEIP Ponte dos Brozos e ampliar e adaptar os ciclos de Formación Profesional que se ofrecen en Arteixo, axustada ás necesidades empresariais que existen no concello.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]